Xosé Vázquez Castro

Artista

  • Travesía de Fontaldeiro nº1 Bertamiráns 15220 A Coruña **** Tlf: 610242103 ***** 981942095


    Pinceladas biográficas


    Xosé Vázquez Castro nace en Ferrol en 1951. Seu pai foi o pintor José Vázquez Doce. Na actualidade reside en Brión (A Coruña) preto de Santiago de Compostela.

    En 1969 realiza a súa primeira exposición na cidade de A Coruña, á que seguirán outras por diversas vilas de Galicia e España. En 1979 afíncase en Madrid, expoñendo na galería madrileña "Bercowitsch” e na compostelá "Torques”, ao tempo que se forma coma escenógrafo e coñece o director de teatro Santiago Doria e o dramaturgo Jaime Salón.

    En 1981 expón na Institución Cultural "El Brocense” de Cáceres. Ao ano seguinte viaxa a Venezuela, e realiza exposicións na Embaixada Española e a Irmandade Galega de Caracas. De regreso a España expón na galería "Arboreda” de Ferrol e "Nova Rúa” de Lugo.

    En 1983 a galería "Citania” de Santiago de Compostela publícalle a carpeta Catro Acuarelas.

    En 1984, xa residindo en Compostela, participa no Festival Interceltique de Lorient (Francia), e realiza a escenografía da obra Eclipse Total, pra a compañía deTeatro "Ítaca”.

    En 1985, expón no Museo "Valle-Inclán” da Pobra do Caramiñal e no Hotel "Finisterre” de A Coruña, e ve a luz a carpeta de gravados Lembranzas.

    En 1988 expón acuarelas na Sala Durán Loriga da Coruña.

    En 1989 expón conxuntamente con óleos e acuarelas no Museo "Bello Piñeiro” e no Casino de Ferrol.

    No ano 2000 participa na colectiva Tres Xeracións, na homenaxe que o concello de Ferrol rende ao seu pai. No mesmo ano expón na Galería "José Lorenzo” de Santiago de Compostela.

    En 2001 realiza para "Ditea Teatro de Cámara” a escenografía A Pousada de Petra Cotón de Agustín Magán.

    No ano 2002 é un dos fundadores da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), da que é nomeado presidente.

    Nestes últimos anos participa en diversas Feiras das Artes Plásticas, no XII Simposio Nacional de Acuarela (Santiago, 2004), na exposición O mar, na "Volvo Ocean Race” (Sanxenxo, 2005), e nas edicións dos "Encontros coa Pintura e a Poesía” organizados pola Deputación da Coruña (2005-2007) e o Concello de Culleredo (2008). Tamén exerce como comisario dos Encontros coa Arte do Concello de Brión (2006-2015). É convidado, con outros artistas galegos, polo Centro "Cultur Modell” de Passau (Alemania).

    Posúen obra súa diversas institucións e entidades, entre outras: a Xunta de Galicia, a Fundación Semana Verde de Galicia, Caixanova, "El Correo Gallego”, o Museo "Carlos Maside”, o Círculo das Artes de Lugo, os concellos da Coruña, Brión, Noia, Culleredo e Pobra do Caramiñal, a Embaixada Española e Ran Xerox de Caracas, o Museo "Valle-Inclán”, SODIGA e o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, os casinos de Vilagarcía e Ferrol, Caixa de Aforros de Ferrol, o Auditorio de Galicia, I.C. "El Brocense” de Cáceres, a Deputación da Coruña ou a Sociedade Liceo de Noia.


    Selección das últimas actividades e exposicións

    2003: Sala da Asociación de Artistas Plásticos Galegos ARGA (Santiago de Compostela).

    2004: Galería "Alameda” de Vigo.
               XII Simposio Nacional de Acuarela en Santiago de Compostela.

    2005: Homenaxe a Antonio Machín, Galería "Auriol-Arte” de Santiago de Compostela.
               Homenaxe a El Quijote (Madrid ) ; O Mar, Club Náutico (Sanxenxo); O espírito de Mariñán,
               Aula de Natureza "Juan Lembeye" (Culleredo); colectiva de Nadal, Club Financeiro
               Atlántico (A Coruña).

    2006: I Encontro coa Pintura e a Poesía da Deputación da Coruña, Igrexa da Universidade
               (Santiago).
               Exposición colectiva II Encontro coa Pintura e a Poesía da Deputación da Coruña,
               Fundación "Luís Seoane” (A Coruña).
               I Encontro coa Arte do Concello de Brión, lembrando a Rosalía.
              
    2007: Exposición colectiva Mariñán 5x5 (Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Casa da
               Cultura de Porto do Son, Sociedade Liceo de Noia, Sala "Rey Lago” de Culleredo e Real
               Toxos e Froles de Ferrol.
               II Encontro coa do Concello de Brión, lembrando a Cunqueiro.
               Exposición colectiva Galiza 5 visións, Galería "Art&Fer Pur Créations” de París.

    2008: III Encontro coa Arte do Concello de Brión, lembrando a Blanco Amor.
               Exposiciín individual Sociedade "Liceo” de Noia.

    2009: Sala de Exposicións "Xosé Rey Lago” (Culleredo).
               IV Encontro coa Arte do Concello de Brión, lembrando a Celso Emilio Ferreiro.

    2010: V Encontro coa Arte do Concello de Brión, lembrando a Uxío Novoneira.
               IX Feira das Artes Plásticas na cidade da Coruña.
               Colectiva ART encontro 2010 na Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela.

    2011: Feria Internacional de Arte de Valencia.
              VI Encontro coa Arte do Concello de Brión, lembrando a Luis Seoane.

    2012: VII Encontro coa Arte do Concello de Brión, lembrando a Castelao.
                Exposición individual Sala Exposicións do Concello de Brión.

    2013: Trobada d'Art. De I'Empordá a Galicia. Exposición colectiva en Castell de Benedormiens  Castell d'Aro.
               VIII Encontro coa Arte do Concello de Brión, lembrando a Roberto Vidal Bolaño.

    2014: IX Encontro coa Arte De l´Empordá a Galicia.

    2015: X Encontro coa Arte do Concello de Brión, lembrando a Manuel María.

    2016: XI Encontro coa Arte do Concello de Brión. De l´Empordá a Galicia.

    2017: XII Encontro coa Arte do Concello de Brión, lembrando a Carlos Casares.






    contador de visitas


    Enviar email

    pagina web gratis