Conservatorio

Elemental e Profesional de Música











Benvida








Benvidos ápáxina web do Centro Autorizado Elemental e Profesional de Música Conservatorio"Cantiga" de Sarria (Lugo) y de Ourense. Na nosa web poderedes atopar información referente á estrutura, funcionamento e actividades do centro.

A través desta páxina web o conservatorio quere pór á vosa disposición información referente a cuestións académicas (probas de acceso, calendario escolar, lexislación, etc.) e ás actividades culturais (cursiños, concertos,etc.) que o centro organiza regularmente. Do mesmo xeito pretendemos que sexa unha canle de comunicación á través da cal poidades facernos chegar as vosas dúbidas e suxestións.

Agardando que este espazo virtual sexa do voso agrado recibide un afectuoso saúdo.



ENSINANZAS ELEMENTAIS E PROFESIONAIS

Impartense as especialidades instrumentais de Piano, Acordeón, Guitarra, Guitarra Eléctrica, Baixo Eléctrico, Ukelele, Violín, Clarinete, Saxofón, Frauta Traveseira, Trompeta, Trombón, Tuba........

As materias de: Linguaxe Musical, Harmonía, Análise, Educación auditiva e vocal, Coro, Novas Tecnoloxías Aplicadas a Música, Conxunto, Música de Cámara, Orquestra, Banda, Repentización e Acompañamento, Itinerarios, Optativas....


Administración

Nesta sección estará á vosa disposición información referente aos estudos que se poden realizar no conservatorio, probas de acceso, convocatorias, lexislación, etc.

 

¿QUE É O CONSERVATORIO?

O Conservatorio Profesional de Música "Cantiga" de Sarria é un centro de ensino, destinado á formación de futuros profesionais da música. No noso conservatorio impártense as ensinanzas regradas de música dos graos elemental e profesional das especialidades de acordeón, clarinete, fagot, frauta, gaita galega, guitarra, guitarra eléctrica, oboe, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola e violín . E impartense os curso de iniciación a música destinado os nenos de 6 e 7 anos e para adultos

 

¿COMO ACCEDER Ó CONSERVATORIO?

Para acceder ás ensinanzas impartidas no conservatorio cómpre superar unha proba de acceso. Existen dúas convocatorias para a realización destas probas:

XUÑO: probas de acceso a 1º de Grao Elemental e 1º de Grao Profesional.
 SETEMBRO: probas de acceso a todos os cursos dos Graos Elemental e Profesional a excepción do primeiro.

Antes da realización das probas de acceso a 1º de Grao Elemental o Conservatorio organizará un CURSIÑO PREPARATORIO que constará de varias sesións a celebrar nos meses de maio e xuño nas que os participantes coñecerán a oferta educativa do centro e traballarán exercicios nos que  se tratarán de desenvolver as capacidades auditivas, melódicas, rítmicas, psicomotrices, etc., que se valoran nas probas de acceso. Os interesados poderán inscribirse no cursiño preparatorio entre o 20 e o 30 de abril. O número de prazas ofertadas, cubertas por rigorosa orde de inscrición, será de 50 podendo participar no cursiño nenos e nenas de entre 8 e 14 anos.

 

¿CANDO MATRICULARSE NO CONSERVATORIO?

Igual que para as probas de acceso, existen dous prazos para matricularse no centro:

XUÑO: neste primeiro prazo poderán matricularse aqueles alumnos que acadaron unha cualificación positiva en todas as materias do curso anterior e os que acadaron praza no centro logo de superar as probas de acceso aos primeiros cursos dos graos elemental e profesional.
 SETEMBRO: neste segundo prazo poderán matricularse aqueles alumnos que, por non ter superado todas as materias do curso anterior na convocatoria de xuño, concurriron á convocatoria extraordinaria de setembro e os que acaden praza no centro logo de superar as probas de acceso aos cursos dos graos elemental e profesional distintos do primeiro.

 

AMPLIACIÓN DE MATRÍCULA

A actual lexislación establece que "é competencia do consello escolar de cada centro autorizar, con carácter excepcional, a ampliación de matrícula ao curso seguinte do alumnado que, tras a orientación do profesorado, así o solicite, sempre que o informe da totalidade do profesorado do alumno ou da alumna asegure a súa adecuada capacidade de aprendizaxe do curso actual e daquel ao que aspire a acceder." O prazo para solicitar a ampliación de matrícula remata o 31 de xaneiro.

 

ANULACIÓN DE MATRÍCULA

Os alumnos e alumnas que así o desexen poderán solicitar a anulación da matrícula ata o 30 de abril. Respecto á anulación de matrícula cómpre subliñar o que segue:

Non é posible a anulación de materias soltas. Cando se solicita a anulación esta refírese ao curso completo.
 A renuncia implica a perda da praza no centro, isto é: será preciso realizar unha nova proba de acceso para reingresar no Conservatorio.
 A anulación da matrícula non supón, en ningún caso, a devolución das taxas abonadas no momento da matriculación.

 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

As programacións didácticas son os documentos nos que se concretan o s obxectivos que se queren acadar, os contidos que se traballarán para acadar os obxectivos establecidos, a metodoloxía que utilizaremos para ensinar eses contidos e que procedementos de avaliación se utilizarán para comprobar os resultados obtidos polos alumnos e alumnas.

Cada unha das materias que se imparten no centro conta cunha programación que está á vosa disposición.

 

OUTRAS COUSAS DE INTERESE

Na secretaría atoparedes, ademais de información referente ás probas de acceso, matrícula e programacións, documentos referentes ao calendario escolar, lexislación específica do ensino musical,convocatorias de exames, tribunais, oferta de vacantes, instancias, etc., que, cremos, poden servos de moita utilidade.


As clases son impartidas por profesorado con gran cualificación e experiencia, especialistas a nivel didáctico e de reconocido prestixio a nivelconcertístico


Conservatorio Elemental e Profesional de Música "Cantiga"  - Sarria (Lugo) - Ourense
Enviar email contador de visitas

pagina web gratis