
A asociación ALIAD-ULTREIA ten os seus orixes na asociación A.L.I.A.D. (Asociación Luguesa de Información e Axuda ó Drogodependente), fundada en 1984 na cidade de Lugo e posta en marcha por profesionais de diferentes ámbitos (médicos, psicólogos, profesores,…) coa intención de informar á sociedade da gravidade do problema das drogodependencias e atender ao conxunto de necesidades humanas que esta xera. Nun principio o seu ámbito de actuación era a prevención, tratamento e incorporación de persoas drogodependentes, pero A.L.I.A.D. pronto se especializou no area de incorporación.
Debido a súa gran labor, a entidade convirtiuse en referencia a nivel nacional no tema das drogodependencias. O seu fundador e actual presidente, D. Manuel Varela Veiga, ademais de ser proclamado "Lucensedo ano” en 1990 foi membro fundador e presidente de ASPODROGA (Asociación Galega de Profesionais para o Estudio e Investigación das drogodependencias), membro fundador e presidente de FEGAD (Federación Galega de Asociacións ientidades de Atención o Drogodependente), secretario de UNAD (Unión Nacional deAsociacións de Axuda ao Drogodependente) e membro de distintas sociedades científicas tales como SET (Sociedade Española de Toxicomanías), SOCIDROGALCOHO (Sociedade Científica Española de Estudios sobre Alcohol e outras Toxicomanías), etc.
Ademáis, varios membros de ALIAD-ULTREIA foron condecorados coa "Medalla Concepción Arenal” que concede a Asociación Luguesa á que fai referencia o nome da medalla.
En 2066 a Xunta de Galicia declarou a ALIAD-UTREIA de interés Galego en materia de drogodependencias. (Orden do 19 de setembro de 2011, publicada no DOGA do 6 de octubre de 2006) http://www.xunta.es/dog/Publicados/2006/20061006/Anuncio1CF6A_gl.pdf
ALIAD-ULTREIA foi evolucionando ó longo dos anos, adaptándose á cambiante realidade social. Deste xeito co xurdimento de novas necesidades sociais, ademais de seguir atendendo ao colectivo relacionado coas drogodependencias, a asociación empezou a diversificar o tipo de actuacións e os/as beneficiarios/as das mesmas.
No ano 2010 a asociación modifica o seu nome para pasar a denominarse ALIAD-ULTREIA. A razón disto é a comentada ampliación do seu ámbito de actuación debido aoxurdimento de novas realidades sociais.

ALIAD-ULTREIA ten como misión a promoción dunha mellora na la calidade de vida dos homes e mulleres a través dunha atención integral a persoas en risco de exclusión por razóns físicas, ambientais, económicas, culturais, ou de calquera outra natureza.
ALIAD-ULTREIA pretende ser un recurso de incorporación que facilite a integración social proporcionando:
Información e sensibilización sobre as distintas problemáticas coas que traballa.
Formación dirixida aos colectivos e sectores sociais que teñan relación, directa ou indirecta, coa problemática tratada.
Atención psicolóxica, xurídica, laboral, sanitaria,… a os/asusuarios/as contando para elo cun equipo multidisciplinar que desenvolve os distintos programas e proxectos de ALIAD-ULTREIA.
Acompañamento dos distintos/as usuarios/as a recursos sociais,de formación, vivenda,…
Colaboración, establecendo relacións e nexos de unión con diversas entidades públicas e privadas, locais, autonómicas, nacionais, que contribúan a acadar o mesmo fin para o cal foi creada ALIAD-ULTREIA.
Traballos de investigación que detectan novas problemáticas sociais e que ao mesmo tempo serven de base para a planificación de futuras accións.
Todo elo tendo en conta os valores esenciais da la entidade que son:
Solidaridade, Transparencia, Compromiso e Sensibilización social.
ALIAD-ULTREIA ten como órgano supremo degoberno a Asamblea Xeral que está integrada por todos os socios/as. A xestión erepresentación da entidade recae na Xunta Directiva formada por: un/aPresidente/a, un/a Vicepresidente/a, un/a Secretario/a e un/a Tesorero/a.
Ademais Aliad Ultreia conta cun equipo profesional cualificado e con amplia experiencia nos diferentes ámbitos vinculados ao seu traballo. Neste senso destacamos o traballo realizado por:
D. Manuel Varela Veiga: Médico magister en drogodependencias.
Dna. Fátima Estúa García: Psicóloga.
Dna. Ana Barba Núñez: Educadora Social.
D. Manuel Diz Díaz: Sociólogo.
D. Gerardo Pardo de Vera Posadas: Avogado.
Aliad Ultreia dispón dunhas instalacións propias sitas na Rúa Milagrosa nº 99-101, na cidade de Lugo.
En elas atópanse as oficinas, despachos, sala de reunións, así como un apartamento totalmente equipado no que se realizan os desfrutes penitenciarios relativos a varios dos Programas que a entidade ten en funcionamento. (Ver apartado de "Areas de Traballo")